Qué é Smart Destinos Pontevedra?

Pontevedra
27 de xuño 2014

O presidente da Deputación de Pontevedra presentou este venres ao sector da hostelería e turismo, o proxecto Smart Destinos, Pontevedra, Destino Intelixente,, unha experiencia piloto en España que conta co apoio da Unión Europea na súa financiación de 3 millóns de euros

Presentación do proxecto Smart Destinos

O presidente da Deputación de Pontevedra presentou este venres ao sector da hostelería e turismo, o proxecto Smart Destinos, Pontevedra, Destino Intelixente e a nova web turismoriasbaixas.com, unha experiencia piloto en España que conta co apoio da Unión Europea na súa financiación de 3 millóns de euros.

O proxecto concrétase na creación dunha Plataforma Tecnolóxica Turística Intelixente. Dito doutro xeito: un portal web que permite a profesionais e empresarios do sector mediante un acceso privado conectarse a través dunha extranet para editar información, xenerar eventos sociais e comercializar os seus produtos.

Ademáis esta plataforma tecnolóxica contará tamén cun sistema de xestión de máis de 5.000 recursos turísticos da provincia facilitando a análise e a toma de decisións por parte dos seus xestores.

Trátase da maior base de datos do sector en tempo real e da máis moderna ferramenta intelixente ao servizo tanto dos clientes como das 27.000 empresas adicadas ao turismo e ao ocio na provincia.

A intención é establecer mecanismos estables de comunicación e colaboración cos axentes do sector.

A aplicación móbil presentada é, xunto a una aplicación similar no País Vasco, única en España no sector e está en varios idiomas como inglés, francés, alemán, italiano e portugués.

O proxecto Smart Pontevedra Destino Intelixente tén un presuposto de 2,5 millóns de euros e a parte que se presentou este venres supón un investimento de 1,2 millóns. O resto incluirá aspectos como a impartición de 14 cursos a  partir de setembro e 56 itinerarios, así como a instalación de 20 oficiñas turísticas sustentables na provincia que serán instaladas antes da Semana Santa de 2015.

Para poñéla en marcha, o presidente explicou que os técnicos de Turismo Rías Baixas contactaron con 1.815 empresas, visitaron 1.112 e presentarona a 38 asociacións de hostelería e turismo. O 91% das empresas mostrou a súa intención de adherirse ao proxecto. A día de hoxe, xa o fixeron 305.