Albia Servicios Funerarios deu un paso á fronte. Tras meses de trámites, a compañía solicitou formalmente ante o Concello unha licenza para construír un novo tanatorio en Pontevedra. Estará nunha parcela situada a inicio da Avenida de Montecelo, a subida ao hospital pola zona de Mourente.
Os servizos urbanísticos do Concello xa están a estudar o proxecto, segundo confirmaron fontes municipais.
A intención dos promotores é construír un tanatorio -a diferenza doutros do grupo non tería crematorio- composto por baixo e planta.
Tería, segundo consta no proxecto presentado, catro salas velatorias e distintos servizos, entre eles, capela, oficinas, baños e outras dependencias internas. Ademais, tamén prevé a creación dun aparcadoiro público que terá 44 prazas.
Por agora non transcendeu o orzamento que manexa a compañía para a construción deste novo tanatorio nin o número de postos de traballo que se crearán.