Protección Civil de Caldas xa ten o recoñecemento de ASAMPO

Pontevedra
17 de outubro 2021

Integrantes e voluntariado da Asociación de Amigos da Pontevedrada (ASAMPO) celebraron este sábado unha marcha baixo o lema 'Quiere a quien te quiere y díselo' para agradecer a colectivos e particulares a doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos

ASAMPO recoñece a labor de Protección Civil de Caldas ASAMPO

Integrantes e voluntariado da Asociación de Amigos da Pontevedrada (ASAMPO) celebraron este sábado unha marcha baixo o lema 'Quiere a quien te quiere y díselo' para agradecer a colectivos e particulares a doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos.

A  Pontevedrada, no seu longo percorrido nocturno de 67 quilómetros, adoita atravesar sete concellos entre Pontevedra e Compostela. Concretamente, pasando por Caldas de Reis onde o Camiño Portugués ten o maior número de quilómetros de tramo a camiñar ata Santiago.

É por esa razón pola que a asociación parou na Casa do Concello da localidade caldense e facer entrega dunha mención de agradecemento á agrupación de Protección Civil. Alí chegaron sobre as 12:00 horas, cinco horas despois da súa partida desde a Praza de España de Pontevedra.