Prorrogan ata xullo as axudas aos mariñeiros afectados pola falta de acordo con Mauritania

Marín
23 de febreiro 2013

As axudas concederanse por un periodo de seis meses de paralización temporal, levada a cabo desde o 1 de febreiro ao 31 de xullo de 2013 ambos inclusive. A elas poderán acceder un número estimado de 150 tripulantes dos buques arrastreiros marisqueros e arrastreiros cefalopodeiros, que faenaran baixo o acordo pesquero entre a UE e Mauritania.

Mariñeiros de Mauritania ante o Instituto Social de la Marina, Vigo CIG

Ante a falta de acordo para que os barcos galegos sigan faenando en Mauritana, o Goberno decidiu prorrogar as compensacións económicas que recibían. Así se publica este sábado no BOE. O Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente prorrogou ata o 31 de xullo de 2013 as axudas para os tripulantes afectados pola paralización temporal no caladoiro de Mauritania.

Estas axudas recibíanse desde o 1 de agosto de 2012, ante a imposibilidade de faenar nestas augas como consecuencia da redución das posibilidades de pesca do acordo da UE e Mauritania. Os beneficiarios das anteriores axudas non terán que presentar unha nova solicitude para acceder a elas.

As axudas concederanse por un periodo de seis meses de paralización temporal, levada a cabo desde o 1 de febreiro ao 31 de xullo de 2013 ambos inclusive. A elas poderán acceder un número estimado de 150 tripulantes dos buques arrastreiros marisqueros e arrastreiros cefalopodeiros, que faenaran baixo o acordo pesquero entre a UE e Mauritania.

O financiamento total previsto elevouse a unha cantidade próxima a 1,3 millóns de euros, procedentes dos orzamentos xerais do Estado e coa cofinanciación da UE. Os marineros afectados cobrarán 45 euros por día de parada e continuarán dados de alta na Seguridade Social, polo que manterán os conseguintes beneficios que isto supón na súa vida laboral a efectos de desemprego ou xubilación.

Estas axudas suporán certo respiro para os mariñeiros de O Morrazo, principalmente Marín, de onde son orixinarios a maioría dos tripulantes afectados. Así mesmo, nos próximos días levarase a cabo a publicación doutra orde que prorrogará as axudas aos armadores, coas mesmas características.

 

Arquivado en