Propoñen crear fichas solidarias nas atraccións das festas para os nenos de familias desfavorecidas

Pontevedra
29 de xuño 2016

O próximo pleno municipal previsto para o venres 1 de xullo, incluirá unha moción de Marea Pontevedra que propón que o Concello garanta o acceso aos carruseis, tiovivos, norias e demais, para os menores que viven en familias en situación de pobreza

Noria instalada na Alameda de Pontevedra Juan Mejuto

O próximo pleno municipal previsto para o venres 1 de xullo, incluirá unha moción de Marea Pontevedra que propón que o Concello garanta o acceso aos carruseis, tiovivos, norias e demais, para os menores que viven en familias en situación de pobreza. 

Desde Marea recoñecen que hai outras necesidades prioritarias, pero insisten en que esta tamén é importante: que estes nenos que pertencen a familias que están en risco de exclusión social poidan gozar das atraccións das festas.

A iniciativa conta co apoio unánime de toda a corporación segundo adiantaron os grupos na comisión de asuntos sociais. Tamén os feirantes acolleron de bo grado esta idea.

En Pontevedra hai preto de 250 menores que pertencen a familias desfavorecidas

Segundo os datos facilitados pola concelleira de Marea, Carmen Moreira, e a responsable de Políticas Sociais, Herminia Dios, en Pontevedra hai preto de 250 menores que pertencen a familias desfavorecidas. O prezo da viaxe en cada atracción é de tres euros, o que para estas familias resulta "prohibitivo".

A idea é que os Servizos Sociais do concello canalicen a entrega de fichas gratuítas para estas familias de maneira "confidencial e privada", garantindo que chegan a quen realmente o necesita e evitando deste xeito que haxa distinción entre os nenos, co que se elimina a posibilidade de "estigmatizar" aos menores que as utilicen.

Os promotores desta iniciativa esperan que poida estar en marcha para as próximas festas de Santiaguiño do Burgo.

AmpArticleViewer.default.tags