Programa da Feira Franca de Pontevedra 2024

Pontevedra
31 de agosto 2024

A Feira Franca celébrase o 6 e 7 de setembro. Pontevedra Viva ofrece todos os detalles do programa desta Festa de Interese Turístico que este ano estará dedicada aos xograres

Venres 6 de Setembro

  • 19:00 horas: Os pregoeiros dacabalo percorrerán o centro histórico anunciando o inicio da vixésima terceira edición da Feira Franca.
  • 22:00 horas: Espectáculo inaugural da Feira Franca: "A Historia de Xan da Lus", a cargo da compañía Pablo Méndez Performance na Ferraría. 


Sábado 7 de Setembro

  • 11:30 horas: Apertura do mercado medieval (Avenida de Santa María)  e a mostra de oficios (Praza da Ferraría, Pedreira e do Peirao). 
  • 12:00 horas: Recreación do Transporte do Viño pola Asociación Recriativa de Xeve, A Xanela do Maxín, Troula, Duos Pontes.
  • 12:30 horas: Cantar de cegos e música medieval a cargo de Foula polas rúas do centro histórico. 
  • 12:30 horas: Demostración e talleres de esgrima. Escola Hungaresa, Montero Ríos. 
  • 13:00 horas: Tiro con arco. Boa Vila, Montero Ríos. 
  • 17:00 horas: Demostración e talleres de esgrima. Escola Hungaresa, Montero Ríos. 
  • 17:30 e 20:00 horas: Torneo Medieval na praza de touros. Hípica Celta. Entrada gratis ata completar aforo, polas portas 2,3 e 6. 
  • 18:00 horas: Cantar de cegos e música medieval a cargo de Foula polas rúas do centro histórico. 
  • 18:00 horas: "A galiña dos ovos de ouro". Art Monium. 
  • 18:00 horas: "Os bufóns e trovadores" de Troula. 
  • 18:00 horas: Música e bailes medievais. Asociación de Coros e Danzas Duos Pontes, Peregrina. 
  • 18:30 horas: Batucada dos Viquingos. 
  • 18:30 horas: Tiro con arco. Boa Vila, Montero Ríos. 
  • 18:30 horas: "As lendas do Camiño do Bruxo do Lerce" a cargo de Polavila. 
  • 19:00 horas: Animación medieval. "Olodum do Coio", centro histórico. 
  • 19:30 horas: Pasacalles. Bufóns medievais. Art Monium, centro histórico. 
  • 20:00 horas: "As Lendas do Camiño do Bruxo do Lerce". 
  • 21:00 horas: Cantar de cegos e música medieval 
  • 21:45 horas: Pasacalles. "Errantes", centro histórico. 
  • 22:00 horas: Pasacalles. A Santa Compaña. A Xanela do Maxín, centro histórico. 

 

DESCARGAR AQUÍ O PROGRAMA OFICIAL

Guía de actividades fixas:

Asociación Recriativa Xeve. Representación da comitiva do transporte do viño (mercadores, labregos e arrieiros). O grupo irá escoltado polos gardas do antigo Couto de Xeve,
encabezados polo señor do pazo de Gondar. 

Asociación de Coros e Danzas Duos Pontes. Espectáculo de danza e música (Peregrina). Taberna medieval (parte posterior Concello).

Club Boa Vila de Tiro con Arco. Demostración de tiro con arco e competición. Gran Vía de Montero Ríos.

Asociación veciñal Salcedo Norte. Xantar e cea medieval acompañados de xogos tradicionais. Xardíns de Casto Sampedro. 

Asociación Alba (asociación de familiares e amigos de axuda a enfermos psíquicos). Obradoiro de olaría. Ferraría. 

Ventos. Taller de xoiaría vexetal e escritura. Praza da Ferraría

Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial – Culturmar. Concentración de embarcacións tradicionais de Galicia no río Lérez, entre as pontes do Burgo e das Correntes; mostra de embarcacións tradicionais e attrezzo mariñeiro.

 

Mercados medievais

Mercado de ALIMENTACIÓN. Alameda, praza de España, Ferraría, Pasantería e praza de Curros Enríquez.

Mercado de ARTESANÍA. Avenida de Santa María. 

Mercado de demostración de OFICIOS e OBRADOIROS. Prazas da Pedreira, Ferraría e do Peirao. Toneleiro, telleiros, olaría, tecedeiras de liño, latoeiro, redeiras, palilleiras, canteiros, sombreireiras, cesteiro, ferreiros, carpinteiro, torneiro de instrumentos, curtidor de peles, tallista, carpintería de ribeira...

 

Xogos para as crianzas

  • RAÍÑA VITORIA. CASTELO MEDIEVAL. 
    • De 11.00 a 21.00 h Carruseis medievais para a cativada
    • De 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h Circuíto de xogos
  • SOPORTAIS DA PEDREIRA
    • De 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.00 h Obradoiros creativos
    • De 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 h Ludoteca medieval
  • PRAZA DE ESPAÑA
    • De 11.00 a 21.00 h Carruseis medievais para a cativada
    • A partir das 12.00 h Campamento medieval
Arquivado en