Prisión provisional para cinco dos detidos en Arousa, acusados de tráfico de drogas

O Salnés
24 de novembro 2022

Ante a xuíza titular do Xulgado de Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa pasaron nas últimas horas once persoas detidas pola Policía Nacional na operación contra unha presunta rede hispano-marroquí de transporte de haxix levada a cabo o pasado luns nos municipios de Vilagarcía,  Catoira, A Illa de Arousa, Vilanova e Cambados, e nos coruñeses de Boiro e Rianxo  

Paso a disposición xudicial dos detidos na operación de narcotráfico en Arousa EFE / Salvador Sas

Ante a xuíza titular do Xulgado de Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa pasaron nas últimas horas once persoas detidas pola Policía Nacional na operación contra unha presunta rede hispano-marroquí de transporte de haxix levada a cabo o pasado luns nos municipios de Vilagarcía, Catoira, A Illa de Arousa, Vilanova e Cambados, e nos coruñeses de Boiro e Rianxo.

Segundo informaron fontes oficiais do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ingresaron en prisión provisional cinco (un deles pode eludir a entrada no cárcere baixo fianza de 80.000 euros). 

A cinco dos seis arrestados que quedaron en liberdade impuxéronselle como medidas: a prohibición de saír do territorio nacional, a retirada do pasaporte e a obrigación de comparecer cada 15 días no xulgado; e, a un deles, só a obrigación de comparecer cada 15 días no xulgado. 

Todos están investigados por un delito contra a saúde pública.