Primeiros controis do radar que "salta" a 12 quilómetros por hora

Pontevedra
01 de decembro 2019

Para demostrar que vai en serio, a medida de limitar a velocidade máxima de 10 quilómetros por hora no centro histórico e en todas as rúas do centro de plataforma única, a Policía Local de Pontevedra convocou este sábado aos medios de comunicación para anunciar os primeiros controis do radar que "salta" a 12 quilómetros por hora. Na primeira xornada non houbo sancionados

Control de velocidade da Policía Local PontevedraViva

Para demostrar que a medida vai en serio a Policía Local de Pontevedra convocou este sábado aos medios de comunicación para anunciar os primeiros controis do radar que "salta" a 12 quilómetros por hora. Na primeira xornada non houbo sancionados. 

O  Concello de Pontevedra implantou a velocidade máxima de 10 quilómetros por hora no centro histórico e en todas as rúas do centro de plataforma única, é dicir, cun só nivel de altura para estrada e beirarrúa, nas que convivan peóns e vehículos

O primeiro control para visibilizar esta medida tivo lugar na rúa Arcebispo Malvar. O radar velo láser situouse fronte ás escalinatas da Basílica de Santa María e o furgón de atestados localizouse 100 metros máis adiante, no cruzamento coa rúa Emilia Pardo Bazán.

Segundo explicaron os axentes velo láser foi axustado para alertar a aqueles vehículos que superen os 12 quilómetros por hora.

A Policía Local ten previsto continuar con esta campaña de control ata o próximo día 5 de decembro.