A subdelegada do Goberno, Maica Larriba, recibiu este mércores ao coronel Miguel Constantino Cortés Calvo, novo subdelegado de Defensa en Pontevedra. Esta era a primeira visita institucional de Cortés á Subdelegación do Goberno.
Durante o seu encontro, Larriba, que xa estivera na súa toma de posesión celebrada o pasado 18 de decembro, quixo trasladar unha vez máis os seus parabéns ao coronel, así como ofrecer a súa total "disposición para colaborar en todos aqueles asuntos da provincia que atinxan as dúas Subdelegacións".
Pola súa banda, o subdelegado de Defensa agradeceu o recibimento e quedou a disposición da Subdelegada.
O coronel Miguel Constantino Cortés Calvo é coñecedor da provincia de Pontevedra, xa que ata o pasado mes de decembro era o xefe da Unidade de Servizos da base Base Xeneral Morillo, desde onde opera a BRILAT.