Preocupación no CEIP Parada-Campañó pola falta de seguridade viaria no acceso ao centro escolar

Pontevedra
07 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Unhas obras destinadas a mellorar o acceso ao centro educativo motivan o malestar e botan en falta unha interlocución directa e continuada coas administracións competentes

CEIP Parada-Campañó Xunta de Galicia

ANPA do CEIP Parada-Campañó fixo pública a súa preocupación e malestar ante a inseguridade viaria que están a provocar unhas obras destinadas precisamente a mellorar o acceso ao centro educativo.

A asociación leva tempo facendo xestións ante e con portavoces do Concello de Pontevedra sen que chegasen a unha solución satisfactoria para a comunidade educativa e a isto súmase, esta mesma semana, un comunicado da Consellería de Educación que estiman, aínda lles complica máis a entrada e saída do centro.

As obras iniciadas co curso lectivo entran nun punto que requiren cortar a circulación rodada na rúa de acceso ao CEIP para proceder ao hormigonado do vial. A solución exposta polo Concello, segundo cita o ANPA, pasa por realizar o corte con axuda de Protección Civil e profesorado de forma que vinte minutos antes do inicio do horario lectivo entren os alumnos progresivamente.

A esta solución súmase a comunicación oficial máis recente da consellería que lles indica que "a partir de agora só poderán acceder ao aparcamento do colexio os autobuses escolares en horarios de entrada e saída".

Esta tesitura, indican, impide o acceso a máis da metade das familias que se verían obrigadas a estacionar na estrada de Pontevedra-Vilagarcía (PO-531) ou deixar aos menores que nun tramo de cincuenta metros de viario accedan sós ao colexio.

Con todo desde a ANPA seguen tendo dúbidas e preocupación pola falta de seguridade viaria e falta dunha interlocución directa e contínua coas administracións competentes ás que reclaman que se lles aclare como van organizar as entradas e saídas con seguridade para a comunidade educativa, se van dispoñer de Policía Local como axuda, e que opcións seguras ofrécense para os proxenitores que acudan en vehículos particulares.