Preocupación entre a flota cefalopodeira ante o silencio da Unión Europea

Marín
09 de abril 2013

As tripulacións amosan a súa preocupación ante as decisións que se poidan estar adoptando por parte da Unión Europea sen ter en conta as consecuencias que pode ter para o sector se non se chega a un novo acordo para faenar nas augas de Mauritania

Mariñeiros de Mauritania concentrados ás portas da delegación do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente de Pontevedra PontevedraViva

Preocupación é a palabra que define o estado no que se encontra a tripulación dos barcos cefalopoderos galegos ante a falta de información das conversacións que se están a manter na Unión Europea sobre o futuro da pesca de polbo en Mauritania. Hoxe está convocada unha nova reunión en Madrid con el sector pero Xabier Aboi, representante da CIG, manifestaba a PontevedraViva que teñen malas sensacións: "Mauritania trouxo unha delegación de biólogos dicindo que non hai recursos. Dende que non estamos nesas reunións, Mauritania di que non hai pulpo. Chamamos ao Ministerio para pedir información e din que lle preguntemos aos armadores pero a nós non nos invitaron".

Ante a falta de respostas dende o Ministerio de Miguel Arias Cañete, Aboi confirma que falaron coa Conselleira do Mar, Rosa Quintana, que se ofreceu para intermediar con Madrid para buscar algunha solución que poida axudar á chegada a un acordo.

Pero o responsable do sindicato CIG móstrase escéptico: "moito nos tememos que na reunión digan que non hai posibilidades de recoller pulpo segundo os informes científicos e iso sería a ruina para o sector".

A frota cefalopodeira galega está integrada por 20 barcos, a maioría da zona do Morrazo. Os tripulantes afirman que como non se busque unha solución volverán ás mobilizacións de protesta

Arquivado en