A Deputación de Pontevedra entregou este xoves os galardóns aos gañadores da oitava edición dos Premios Provinciais á Xuventude nunha gala celebrada no Salón de Plenos do Pazo Provincial.
O acto estivo conducido por Montserrat Martínez e contou coas actuacións musicais da banda Montedapena, distinguida neste certame no ano 2021, e cun recoñecemento aos membros da Asociación Alba, de familiares e amigos de enfermos psiquiátricos de Pontevedra, pola súa colaboración no deseño dos galardóns.
Estes oitavos Premios Provinciais á Xuventude son unha edición de récord, pois repartiu un total de 40 distincións en 11 categorías, contou cun total de cen proxectos presentados —25 máis que no ano anterior— e rexistrou tamén a maior cifra de preinscripcións, cun total de 186, desde a creación do certame.
Os vencedores en cada unha das categorías foron: os integrantes do colectivo estudantil Clean Energy Ship Uvigo e Uvigo SpaceLab na categoría de proxectos de agrupacións estudantís; Iago Seijo, en Iniciativa empresarial; IES Anton Alonso Ríos e IES de Cotobade, en Educación en valores; Alberto Ruibal, en proxecto de investigación de Ciencias; Antía Iglesias, en proxecto de investigación en Humanidades e Ciencias Sociais; Nahuel Couchot, en traballo de Música Clásica; André Touza, en Outros Xéneros Musicais; Alexandre Fernández; en traballo literario breve de Narrativa e Poesía; Denís Carballás, en Banda Deseñada; Marcos Pazos, en serie fotográfica; Ana Gómez, en Fotografía; Lara Cores, en Deseño e Moda; e o IES de Poio en Reacción polo Clima.
Os asistentes á gala celebrada no Pazo Provincial tiveron a oportunidade de ser os primeiros en participar na enquisa provincial que servirá para redactar o primeiro Plan Estratéxico da Xuventude.
Listado de premiados
Proxectos de agrupacións estudantís
- 1º premio ex aequo: Adrián Rodríguez, Greypher García e Gabriel Cerqueira, integrantes da asociación Clean Energy Ship Uvigo.
- 1º premio ex aequo: Guillermo Calvo Hermo e Francisa Boiero Barsce, integrantes da Asociación Estudantil Uvigo Spacelab.
Iniciativa empresarial
- 3º premio: Iván Losada Varela por "Vinak Products, S.L."
- 2º premio: Andrea Diz Neira e Nuria Martínez Lomba por "Outrora Sociedade Cooperativa Galega"
- 1º premio: Iago Seijo Fraga por "Logicmelt Technologies SL"
Educación en valores
- 3º premio: Profesorado e alumnado do IES de Poio. "Somos o que comemos"
- 2º premio: Profesorado do IES Ramón Cabanillas. "Tecendo os fíos dos ODS"
- 1º premio ex aequo: Profesorado participante e o equipo directivo do IES Antón Alonso Ríos.
"Febreiro: mes das emocións"
- 1º premio ex aequo: Profesorado e alumnado do IES de Cotobade. "As relacións íntimas a través da tecnoloxía"
Investigación:
Ciencia, arquitectura e enxeñaría:
- 2º premio: Estefanía Pereira Pinto. "Avaliación ecotoxicolóxica de microplásticos e contaminantes asociados nunha cadea trófica mariña"
- 1º premio: Alberto Ruibal Ojea. "Aplicación móvil Android de ayuda en la Enfermedad de Crohn"
Artes, humanidades e ciencias sociais e xurídicas:
- 3º premio: María Álvarez Ozón. "Efectos do ambiente percibido sobre a capacidade de restauración e o benestar psicolóxico. Un estudo con realidade virtual". - 2º premio: Sara Donoso Calvo. "Cine, paisaje, pintura. Una mirada al audiovisual gallego contemporáneo"
- 1º premio: Antía Iglesias Fernández. "Ecosistemas gráficos. Una investigación científico-artística sobre el devenir del residuo vegetal de especies exóticas [invasoras]".
Contido audiovisual
- 3º premio: Alma Alonso Costas. "A Rebelión da lectura"
- 2º premio: Iván Pérez Berjano. "Savia Nova"
Traballo musical:
Música clásica:
- 1º premio: Nahuel Couchot Moledo. "Noite de estrelas"
Outros xéneros
- 3º premio: Héctor Rodríguez Rodríguez. "Block"
- 2º premio: Mateo Carmena Román. "Labirinto"
- 1º premio: André Touza Otero. "Vida nova"
Traballo literario breve
Narrativa:
- 3º premio ex aequo: Pedro Rodríguez Villar. "As sílabas dunha despedida"
- 3º premio ex aequo: Lucía Rodríguez Malvido. "Colisión"
- 2º premio: Fabio Rivas Pardo. "Os ratos e a eternidade"
- 1º premio: Alexandre Fernández Peón. "Na distancia, tan só"
Poesía:
- 3º premio: Eva González Blanco. "Exipto"
- 2º premio: Blanca Trigo Cabaleiro. "Após a descuberta"
- 1º premio: Alexandre Fernández Peón. "Cartografía da luz"
Banda deseñada:
- 3º premio: Enrique Rabadán Torres. "A miña veciña"
- 2º premio: Eva Pena Fandiño. "Liberación"
- 1º premio: Denis Carballás Riveiro. "Vivir para volver"
Fotografía orixinal:
Serie fotográfica:
- 3º premio: Claudia Gómez López. "Urbanometría"
- 2º premio: Rebeca López Villar. "Pasear"
- 1º premio: Marcos Pazos Pazo. "Inquedanzas"
Fotografía:
- 3º premio: Alma Alonso Costas. "Clic"
- 2º premio: Laura Paz Iglesias. "Ritmo no ar"
- 1º premio: Ana Gómez Ferreira. "Fronteiras invisibles"
Deseño e moda:
- 2º premio: Laura Salgado García. "Apátrida"
- 1º premio: Lara Cores Piñeiro. "Intrigas Palaciegas"
Reacción polo clima:
- 2º premio: Xurxo Pereira e Sofía Calo, profesores do IES Plurilingüe A Paralaia de Moaña e alumnado participante no proxecto "Malas herbas"
- 1º premio: Profesorado e alumnado do IES de Poio. "Somos o cambio"