O PP esixe solucións para os "cráteres" causados polas obras da Rúa da Santiña

Pontevedra
09 de xaneiro 2025
Actualizado: 17:12

Os populares demandan ao alcalde que se reúna cos afectados, reanude as obras o máis axiña posible e poña fin ao perigo que supoñen as fochas da estrada

Encuentro de los concejales del PP en la rúa Santiña

Os concelleiros do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra Pepa Pardo e Martín Martínez mantiveron un encontro con decenas de persoas "afectadas polo tres meses de parálise" das obras da Rúa da Santiña.

Os populares aseguran que atoparon veciños "desesperados" que queren ser recibidos polo goberno local.

Os edís deron un paseo pola rúa para comprobar o estado dun pavimento que está "cheo de fochas" e os garaxes con gretas.

Segundo destacaron os populares, nesta visita puideron comprobar "todos os prexuízos" que está a causar esta obra e responsailizan ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores por "a pasividade ou a incapacidade" para xestionar este proxecto.

Pepa Pardo afirma que esta obra "imposibilitou o exercicio ordinario da actividade dos comercios da zona e que afectou ao día a día dos veciños".

O PP esixe ao Concello de Pontevedra que renanude as obras o máis axiña posible, que se reúna cos afectados e poña fin ao perigo que supoñen as fochas da estrada.

A concelleira do PP esixiu ao alcalde e ao concelleiro responsable "que se poñan ao choio para solucionar os inconvenientes que causaron á veciñanza", empezando pola reparación "urxente" das fochas "que parecen cráteres".

AS OBRAS RETOMARANSE O LUNS

A este respecto, a tenente de alcalde, Eva Vilaverde, avanzou que os traballos de humanización da Rúa da Santiña se retomarán finalmente o vindeiro luns.

A empresa concesionaria, Civis Global, tiña previsto reanudar as obras, paradas ata que se negociou con Unión Fenosa soterrar o tendido eléctrico, esta semana, pero non puido facelo debido ás choivas que se rexistraron nos últimos días.

Vilaverde explicou que o que fixo para tentar paliar o estado da rúa foi un bacheo provisional das fochas que había no pavimento, sobre todo para "facilitar un pouquiño" os accesos a todo este ámbito urbano.