Sabedor de que o que ten entre mans é algo grande, o presidente da deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, decidiu abrir as portas do proxecto Pousadas do Salnés para que a cidadanía coñeza a súa auténcia dimensión.
Hoxe arrinca un programa de visitas para que os pontevedreses vexan as catro 'pousadas', e o que realmente significan un "modelo de accesibilidade" para discapacitados, "que actualmente non existe en España", segundo sinalou o presidente do ente provincial en Armenteira a onde acudiu acompañado do ex conselleiro de Cultura, Roberto Varela.
Louzán espera que as 'pousadas', que serán "hoteis de catro ou cinco estrelas", sexan inauguradas antes do próximo verán. Para non esperar tanto e que a iniciativa conte co apoio unánime da cidadanía ideáronse estas xornadas de portas abertas.
Polo momento, avanzou que terán 200 prazas e levarán un signo de distinción, "a accesibilidad, o que supoñerá un referente en España".
Nas obras, sinalou Louzán, están traballando 300 persoas, "e a maioría da comarca".
Así mesmo, apuntou que tamén se puxo en marcha un plan para recuperar a historia desta comarca, e rutas accesibles.
As visitas necesitan unha reserva previa que se farán no numero 886 211 710. Pasen e vexan.