Portugal recolle a experiencia de Ponte Caldelas na prevención da erosión nos montes queimados

Ponte Caldelas
15 de marzo 2018

O Concello de Ponte Caldelas expuxo diante dos alcaldes de 30 municipios portugueses, invitados pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) a súa experiencia na recuperación de solo forestal queimado a través do voluntariado social e coas técnicas combinadas do "mulching" (acolchamento con palla e materia vexetal) e sementeira de centeo

Andrés Díaz na sede da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) Concello de Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas expuxo diante dos alcaldes de 30 municipios portugueses, invitados pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) a súa experiencia na recuperación de solo forestal queimado a través do voluntariado social e coas técnicas combinadas do "mulching" (acolchamento con palla e materia vexetal) e sementeira de centeo.

O goberno local caldelán, formado por PSdeG-PSOE, AVP e BNG, realizou unha presentación na que se resumen as actuacións realizadas dende o pasado 15 de outubro non só para frear a erosión do terreo e facilitar a súa recuperación, senón tamén no eido da solidariedade e a cooperación entre todos os actores sociais.

O alcalde, Andrés Díaz, interveu na sede da Fegamp diante dos presidentes das cámaras e "vereadores" da comunidade intermunicipal da rexión de Coimbra.

Os responsables municipais portugueses aprenderon da experiencia de Ponte Caldelas no relativo ao tratamento do solo e coñeceron tamén experiencias de reforestación de parcelas municipais en Cervo, así como de limpeza e xestión das faixas de protección de 50 metros en Ames e Ribadeo.

Brion completou a xornada cunha exposición sobre os Grupos de Emerxencias (GES).