Portos rexeita a proposta do Concello de Poio de usar o paseo das Redeiras como aparcamento

Poio
16 de xullo 2022

Segundo explicou a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, nunha intervención no Parlamento galego "este novo aparcamento nunha zona próxima axardinada non é posible tal e como está realizada pois pretende destinar as prazas a residentes e non se poden reservar eses espazos para usos non portuarios"

Paseo das Redeiras, en Combarro Concello de Poio

Portos de Galicia rexeitou a proposta do Concello de Poio de habilitar prazas de aparcamento para residentes en Combarro no Paseo das Redeiras.

Segundo explicou a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, nunha intervención no Parlamento galego "este novo aparcamento nunha zona próxima axardinada non é posible tal e como está realizada pois pretende destinar as prazas a residentes e non se poden reservar eses espazos para usos non portuarios".

Susana Lenguas respondía así en resposta a unha iniciativa do Partido Socialista para reclamar que se permita o uso como aparcamento do peirao da Canteira, unha ocupación que "é necesaria para acometer as obras do emisario", que só se poden levar a cabo desde ese punto e nesta época do ano.

"Os problemas de aparcamento en Combarro, que son estruturais, debe resolvelos o Concello", dixo a presidenta de Portos.