Por terra, por mar e máis aló

Pontevedra
29 de xuño 2017

A Confederación Galega de Asociacións de Persoas con Discapacidade da provincia de Pontevedra (COGAMI Pontevedra) impulsa o proxecto "O que nos move", grazas ao apoio do Plan Social de Ence e o seu "Programa de axudas a entidades que loitan contra a exclusión social".

Cadeiras de rodas adaptadas para facer rutas (arquivo) COGAMI

A Confederación Galega de Asociacións de Persoas con Discapacidade da provincia de Pontevedra (COGAMI Pontevedra) impulsa o proxecto "O que nos move", grazas ao apoio do Plan Social de Ence e o seu "Programa de axudas a entidades que loitan contra a exclusión social".

Ángel Holguera, o presidente COGAMI Pontevedra, destaca a importancia de fomentar o lecer nas persoas con diversidade funcional para mellorar a súa calidade de vida. Ademais, o feito de que a actividade que financia Ence sexa ao aire libre, vai dar unha maior visibilidade a este colectivo "favorecendo a inclusión social das persoas con discapacidade a través, neste caso, de actividades deportivas e de goce".

O proxecto ten dous apartados: "O que nos move por terra" e "O que nos move por mar". A aposta é grande, xa que se van a beneficiar 150 persoas con diversos graos de discapacidade.

Entre xuño e novembro, desenvolveranse as diferentes rutas en terra polos concellos de Pontevedra, Marín, Poio e Bueu. A contorna da Ría de Pontevedra será o escenario dos "bautismos de mar a vela". Por último, levarán a cabo os "bautismos de mergullo".

Aínda que, por cuestións técnicas, a de mergullo será a acción con menos participantes, para COGAMI trátase dunha actividade chave, xa que "as persoas usuarias de cadeira de rodas desfanse da mesma mentres realizan a actividade e, ao estar nun medio acuático e ser máis fáciles os movementos, prodúcese unha sensación de liberdade que poucas veces se pode alcanzar".

Precisamente nas instalacións deportivas é onde, para Ángel Holguera, segue habendo unha "materia pendente". E reclama que, máis aló dos vestiarios adaptados, se poida dotar ás piscinas municipais de guindastres xa que "para unha persoa, por exemplo, tetrapléxica, meterse nunha piscina é imposible". Con todo, Holguera valora os traballos de "humanización" que se levaron a cabo nas cidades nos últimos tempos.

"O que nos move por mar e por terra" únese a un total de 226 proxectos seleccionados na I Convocatoria do Plan Social de Ence en Pontevedra, en resposta ao Pacto Ambiental entre a Xunta de Galicia e Ence.

Arquivado en