Abril foi un bo mes para os datos do desemprego. Case todos os municipios lograron reducir o número de parados rexistrados. Algúns, de maneira máis que notable. É o caso de Pontevedra, que xa ten menos desempregados que antes de que estalara a pandemia.
A cidade contaba, ao 30 de abril, con 5.472 demandantes de emprego, segundo reflicten os datos que publicou este mércores a Consellería de Emprego e Igualdade. Son 335 menos que o mes anterior, no que había 5.807 pontevedreses nas listas do paro.
Este descenso provocou que Pontevedra teña, nestes momentos e por primeira vez, menos parados que antes da pandemia. En febreiro de 2020 eran 5.591 as persoas que buscaban emprego na capital da provincia. Hai xusto un ano, en abril de 2020, eran 6.307.
Todos los sectores de actividad logran reducir sus listas de desempleados, pero sobre todo el sector servicios, en donde siguen buscando empleo 4.034 pontevedreses (226 menos); y en el colectivo sin empleo anterior, en donde hay 375 parados (69 menos).
Más tímidos son los descensos en construcción, que tiene 414 desempleados (21 menos); en la agricultura, que tiene 114 (15 menos); o en la industria, que tiene 535 (4 menos).
Además, Pontevedra cuenta con 223 parados menores de 25 años y, del total de 5.472 pontevedreses sin trabajo 3.414 son mujeres, es decir, un 62,93%; y 2.393 son hombres.
Con respecto aos municipios da área de influencia de Pontevedra, o descenso no número de desempregados é practicamente total. Cae con moita máis forza en Vilagarcía (-265), Marín (-106), Sanxenxo (-105) e Cambados (-86).
Só en Vilaboa, que conta con 364 parados (un máis), crece o desemprego en abril.
DATOS DE PONTEVEDRA E GALICIA
O número de parados rexistrados nas oficinas dos SEPE, os servizos públicos de emprego (antigo Inem), na provincia de Pontevedra baixou pola súa banda en 4.070 desempregados (unha redución do 5,8%) e queda con 66.120 parados.
En Galicia o parou baixou en 9.941 persoas en abril respecto ao mes anterior, un 5,5%, ata situar o total en 170.778 desempregados, dos que 98.807 son mulleres e 71.917, homes.
Hai 6.892 menores de 25 anos que non atopan traballo.
A maior parte dos parados (pouco máis de 120.000), corresponden a persoas que traballaban no sector servizos, aínda que son 6.800 menos que no mes de marzo. A progresiva redución das restricións e a mobilidade interna durante a Semana Santa, contribuíron ao alivio dun dos sectores máis castigados pola pandemia.
En Galicia e en comparación con abril de 2020, en pleno confinamento, son 20.851 persoas menos en paro, o que implica unha caída do 10,88%.
Na comunidade asináronse 65.622 contratos durante abril, uns 3.600 máis que en marzo, o que supón un incremento do 5,84%. A maior parte deles, algo máis de 58.000 foron de carácter temporal e apenas 7.400 indefinidos
Hai 106.540 beneficiarios en Galicia das prestacións por desemprego.
ESPAÑA
No conxunto estatal, o desemprego baixou en 39.012 persoas en abril (-1%), o seu maior retroceso neste mes desde o ano 2012, cando só descendeu en 6.632 persoas, segundo datos publicados este mércores polo Ministerio de Traballo, que destacou que nos dous últimos meses (marzo e abril) preto de 100.000 persoas abandonaron as listas do paro.
Nestes momentos, España ten un total de 3.910.628 desempregados. A estes únense uns 638.283 traballadores que continúan incluídos en expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) e que non se contabilizan dentro das cifras do paro