Pontevedra volve arroupar á familia de Sonia Iglesias no seu "cumpleaños negro"

Pontevedra
24 de agosto 2016

O epicentro da convocatoria foi, como xa é habitual, a praza da Ferrería, onde a irmá de Sonia, Mari Carmen Iglesias, avanzou que a familia continuará "insistiendo con todas las vías que estén a nuestro alcance" para "encontrar las respuestas a las preguntas que todavía están sin despejar"  

Concentración no sexto aniversario da desaparición de Sonia Iglesias Diego Torrado

O 18 de agosto cumpríronse seis anos da misteriosa desaparición de Sonia Iglesias Eirín e a súa familia quixo volver saír á rúa para lembrar este "cumpleaños negro" para seguir demandando "respuestas" ao ocorrido á moza pontevedresa e agradecer a amigos e familiares o seu apoio en todos estes anos.

Na manifestación convocada na noite deste mércores estiveron, un ano máis, arroupados por unha multitude de pontevedreses, que lles acompañaron por un triste percorrido polas rúas do centro. 

O epicentro da convocatoria foi, como xa é habitual, a praza da Ferrería, onde a irmá de Sonia, Mari Carmen Iglesias, avanzou que a familia continuará "insistiendo con todas las vías que estén a nuestro alcance" para "encontrar las respuestas a las preguntas que todavía están sin despejar"

Quen o fixo, por que, onde está... Son algunhas das incógnitas que seguen cando a causa xudicial aberta para investigar leva máis de ano arquivada e, mentres non se despexan, seguen apoiándose en quen durante todos estes anos axudáronlles a que o recordo de Sonia non se perda no esquecemento, e se faga xustiza.

"Seguimos igual, yo diría que incluso peor que el primer día", asegurou Mari Carmen, pois naqueles primeiros momentos tras a desaparición aínda tiñan a esperanza de atopala "y de que todo hubiese sido un mal sueño". Con todo, transcorridos estes seis anos sen noticias levan xa unha carga que "nos quema el alma y la vida lentamente", e todo "sin tener un lugar donde llorarla".

A irmá de Sonia recoñece que tiveron momentos de "desánimo y desazón", pero prometen que "no pensamos rendirnos" e seguirán loitando "con insistencia y con todas nuestras fuerzas" por coñecer a verdade. E pide aos pontevedreses que sigan ao seu lado na loita, pois "olvidarnos de esta lucha, sería como olvidarla a ella". 

Arquivado en