Pontevedra ten 107.100 parados segundo a EPA

Pontevedra
24 de xaneiro 2013

A taxa de paro sitúase no 23,84% da poboación activa, os dous peores datos na serie histórica elaborada polo Instituto Nacional de Estatística (INE). En Pontevedra o número de persoas ocupadas segundo a EPA é de 342.300, o que significa unha taxa de actividade do 55,69 %. A poboación activa é a suma de ocupados, quen teñen traballo, e parados, quen buscan un emprego pero non o atopan. 

Traballadores da construción nunha estrada da provincia de Pontevedra PontevedraViva

O último trimestre de 2012 pechou con 107.100 parados na provincia de Pontevedra, segundo a Enquisa de Poboación Activa (EPA).

A taxa de paro sitúase no 23,84% da poboación activa, os dous peores datos na serie histórica elaborada polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

En Pontevedra o número de persoas ocupadas segundo a EPA é de 342.300, o que significa unha taxa de actividade do 55,69 %.

A poboación activa é a suma de ocupados, quen teñen traballo, e parados, quen buscan un emprego pero non o atopan. ÿ dicir, na enquisa elaborada polo Instituto Nacional de Estatística non figuran aqueles que se renderon e puxéronse estudar ou se marcharon do país.

Segundo estes datos correspondentes ao cuarto trimestre do 2012, a cifra de parados en España sitúase en case 6 millóns de persoas; concretamente 5.965.400. No último trimestre, o número de parados creceu en 187.300 persoas.

 

Arquivado en