A Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra aprobou este xoves a solicitude formal da cesión ao Estado dun tramo da estrada N-540.
O tramo en cuestión comprende o trazado entre a rotonda de Pasarón e o cruce coa PO-225 (en Alba).
A tenente de alcalde, Eva Vilaverde, compareceu en rolda de prensa para dar conta deste asunto do que dixo "é un tema importante. Queremos facer todo o que está nas nosas mans para axilizar e facilitar a construción da variante de Alba".
Segundo explicou, "este sería o xeito máis doado, ter nós a cesión deste tramo e directamente negociar coa Xunta de Galicia e sacar adiante o proxecto o antes posible".