Pontevedra "sigue agardando" polo colexio de Valdecorvos e o Carlos Oroza, denuncia o PSdeG-PSOE

Pontevedra
17 de outubro 2012

Son un exemplo, segundo os socialistas, dos incumprimentos da Xunta en materia educativa na cidade

Patricia Vilán, José Manuel Civeira e Agustín Fernández no colexio Froebel de Pontevedra PSdeG-PSOE

O colexio de Valdecorvos e o novo edificio do Carlos Oroza son "dous exemplos claros do que a dereita fai coa educación", según la candidata del PSdeG-PSOE, Patricia Vilán. Junto a José Manuel Civeira e o concelleiro de Educación no Concello de Pontevedra, Agustín Fernández, os socialistas denunciaron así os incumprimentos da Xunta en materia educativa na cidade. "Aínda estamos esperando por eles", dixeron.

Na súa visita ao colexio Froebel, Patricia Vilán explicou que "o Partido Popular de Núñez Feijoo e de Mariano Rajoy está aplicando uns serios recortes en materia educativa". Alí lamentou a eliminación de profesores e as aprobación de menos becas, ou a redución das materias tecnolóxicas en secundaria, asegurando que "mentres os socialistas apostamos pola senda do conocemento o Partido Popular so aposta polo Opus Dei".

Pola súa banda, José Manuel Civeira sinalou que unha das primeiras propostas do PSdeG-PSOE en materia educativa será recuperar a gratuidade dos libros de texto e "manter a taxa de recuperación dos profesores que se xubilan para garantir unha renovación continua das plantillas dos colexios".

Para os socialistas, a educación, segundo Civeira, "é un dos piares básicos do estado de benestar e a primeira saída das persoas para o seu propio futuro".

Arquivado en