Pontevedra rexistrou 29,5 graos este venres anticipando unha fin de semana veraniega

Sanxenxo
13 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

A estación de MeteoGalicia en Campolongo rexistrou este venres unha temperatura de 29,5 graos, algo inusual para esta época do ano na que a media se sitúa nos 17 graos centígrados

Praia de Areas este venres 12 de abril PontevedraViva

A estación de Meteogalicia en Campolongo rexistrou este venres unha temperatura de 29,5 graos, algo inusual para esta época do ano na que a media se sitúa nos 17 graos centígrados. 

Esta calor supón o máximo histórico para este mes de abril. O récord de temperatura en Galicia alcanzouse no municipio ourensán de Leiro con 34,5 graos.

Este episodio cálido durará toda a fin de semana, segundo a previsión da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) que sitúa á nosa Comunidade para este sábado baixo a influencia de altas presións e unha temperatura prevista de 27 graos en Pontevedra.

Para a próxima semana anticipan que haberá algúns cambios significativos coa chegada o luns de ventos do norte que inxectarán aire máis frío na metade norte peninsular, provocando un descenso térmico.

Esta calor inesperada foi gratamente recibido pola cidadanía pontevedresa tras longos meses de choivas, permitindo cambiar os abrigos polo bañador. 

As praias foron un fiel reflexo destas ganas de sol e para esta fin de semana estival os areais da ría perfílanse como unha opción maioritaria para facer plans ao aire libre.

Sirva como exemplo a estampa que este venres deixaban as praias de Sanxenxo ou a previsión de cheo total que teñen as navieiras que organizan as visitas ás illas Cíes.