Pontevedra recoñece a "valentía" e o "compromiso" de quen "nos fixeron avanzar en momentos adversos"

Pontevedra
20 de xaneiro 2021

Valentía e compromiso. Son as dúas calidades que comparten os galardoados co Premio Cidade de Pontevedra 2020: a futbolista Paula Dapena e o persoal sociosanitario que afrontou a pandemia da covid-19. Ambos recibiron os seus premios durante un pleno de honras da corporación municipal de Pontevedra

Entrega do Premio Cidade de Pontevedra 2020 a Paula Dapena e o persoal sociosanitario Mónica Patxot

Valentía e compromiso. Son as dúas calidades que comparten os galardoados co Premio Cidade de Pontevedra 2020: a futbolista Paula Dapena e o persoal sociosanitario que afrontou a pandemia da covid-19, a maior crise sanitaria que se lembra. 

Ambos recibiron os seus premios durante un pleno de honras que a corporación municipal de Pontevedra celebrou este mércores no Teatro Principal, entre grandes medidas de seguridade para manter o distanciamento social.

Na súa intervención, Paula Dapena recoñeceu "aínda non son consciente" do que o seu xesto, ao sentar no céspede para non homenaxear a Maradona, significou "para tanta xente", pero asegurou estar "moi orgullosa" de facelo e de representar así ás mulleres que "loitan cada día" contra a violencia machista.

"Este premio é para esas mulleres, que dan a cara todos os días, que loitan polos nosos dereitos e para aquelas ás que lles quitaron a voz e non se atopan entre nós", engadiu.

Dapena quixo dedicar este recoñecemento á súa familia e ao seu equipo "que tamén sufriron as consecuencias" dos seus actos e a unha das súas profesoras, Laura Redondo, que segundo explicou foi a que lle inculcou a "confianza" e o "valor" para protagonizar o seu xesto.

En nome do persoal sanitario e sociosanitario de Pontevedra, o premio foi recollido por Ana Escudero, xefa de Enfermería da UCI de Montecelo. Estivo acompañada por Javier García Vega, xefe de Urxencias; Alberte Blanco, técnico do equipo de extracción de mostras; Rosa Paredes, técnica do 061; e Celestino Esperón, condutor de ambulancias.

Aínda que coidar e curar aos pacientes "forma parte de nuestro trabajo", Escudero apuntou que os sanitarios se enfrontaron durante esta pandemia a unha situación "crítica y dolorosa" na que "nos hemos esforzado por llevarla a cabo lo mejor posible".

A enfermeira subliñou que "en los anos que llevo de profesión" xamais vira a compañeiros "exhaustos, impotentes, con miedos e incertidumbres, con secuelas físicas, deshidratados y desmayados" pero tampouco "tanta entrega, valentía, motivación y dedicación" a nivel persoal e profesional.

Todo o persoal sanitario, subliñou, traballou "al límite" e cunha carga de traballo "sin precedentes". Esta situación, segundo Ana Escudero, fixo "aflorar lo mejor de nosotros" e permitiulles "crecer como equipo y trabajar todos a una".

"Os animo a todos a continuar con vuestra labor para seguir salvando vidas", afirmou Escudero, que quixo facer unha mención especial aos pacientes e as familias que atravesaron situacións "muy difíciles y dolorosas".

A este respecto, destacou o labor realizado polos sanitarios para "acompañar y escuchar" aos pacientes, "sirviendo de puente" coas súas familias cando as distancias eran "inevitables" e nos casos nos que a evolución da enfermidade levou á morte.

Para que esta crise "forme pronto parte del pasado", defendeu a portavoz sanitaria, "sigue siendo imprescindible la responsabilidad, el esfuerzo y el apoyo" dos cidadáns. "Espero que esto nos sirva para formar una sociedad mejor", concluíu.

PREMIO A QUEN "NOS FIXERON AVANZAR EN MOMENTOS ADVERSOS"

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, asegurou que nun ano en que "vimos literalmente como se paraba o mundo" estes premios recoñecen a persoas que "nos fixeron avanzar en momentos adversos", demostrando que a cooperación, o compromiso, a loita e a dignidade son "fundamentais" para poder "sacar o mellor de nós como sociedade".

No caso de Paula Dapena, Fernández Lores destacou a súa "valentía" e a súa "posición crítica" ante a violencia machista, visibilizando que no mundo do fútbol "queda moito camiño" para alcanzar a igualdade entre homes e mulleres.

Ela vestiu desde Pontevedra, segundo o alcalde, "a camiseta da valentía, o compromiso e o empoderamento" e converteu un xesto simbólico nun xesto "revolucionario" para a mocidade que é un "orgullo", engadiu, para todos os que "cremos na xustiza social".

Ante a pandemia, pola súa banda, o persoal sanitario protagonizou, segundo o rexedor pontevedrés, un esforzo " sen precedentes" en favor da sanidade pública, mostrando valores "intanxibles pero fundamentais" como o compromiso, a entrega, a vocación, a colaboración ou o sacrificio persoal e familiar.

"Son tesouros que debemos gardar con estima e con gratitude", defendeu o alcalde de Pontevedra, que reclamou a necesidade de reforzar o sistema público de saúde para "facer fronte" á pandemia actual e a futuras crises sanitarias cunha sanidade "de calidade".