A escalada de casos activos por covid-19 continua na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que mantén cinco municipios en nivel de alerta 3 (vermello), o máximo que recolle o 'semáforo covid' do Servizo Galego de Saúde, e outros dous en nivel de alerta 2 (laranxa).
No caso de Pontevedra, un dos municipios en máxima alerta, hai 273 persoas coa infección activa por coronavirus, tres máis que onte. Ademais, as persoas en seguimento por ser contactos estreitos aproxímanse cada vez máis ao milleiro.
Poio, pola súa banda, rexistraba este lunes ata 51 casos activos.
A estes dous municipios súmase tamén Marín, que non logra frear os contaxios e crece ata os 47 casos activos, tres máis ao longo das últimas 24 horas.
No nivel de alerta 3 sitúanse tamén os concellos de Soutomaior e Vilagarcía de Arousa. Neste último caso, o número de contaxiados ascende a 72, un máis que os que había este luns.
Un banzo por baixo destas cinco localidades sitúanse Cambados e Cuntis, onde a incidencia continúa en aumento.
Outros cinco municipios están no nivel de alerta 1 (amarelo), tras detectar entre 7 e 14 novos contaxios na última semana. Trátase de Cerdedo-Cotobade, Caldas de Reis, Vilanova de Arousa, Sanxenxo e Vilaboa.
Entre eles comunicaron a súa evolución Vilanova, que rexistra 25 casos activos (un menos que onte) e Sanxenxo, onde seguen contaxiadas 18 persoas, as mesmas que este luns.
O resto dos municipios da área sanitaria mantéñense no nivel de alerta 0 (verde), tras detectarse neles menos de sete positivos en covid-19 no últimos sete días.