Pontevedra obtén o aplauso da Fundación Rosa Luxemburgo en Bruxelas

Pontevedra
20 de outubro 2019

A concelleira Anabel Gulías realizou unha das conferencias principais do evento no que participaron activistas e profesionais da ordenación do territorio de toda Europa para debatir sobre sistemas alternativos de mobilidade

Anabel Gulías nun foro organizado pola Fundación alemá Rosa Luxemburgo Concello de Pontevedra

Pontevedra estivo presente esta mañá no foro "Movemento Urbano. Conectando resistencias e alternativas" celebrado este domingo en Bruxelas e organizado pola Fundación alemá Rosa Luxemburgo.

Segundo informou o Concello, a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías acompañada do concelleiro do Rural e Xuventude, Alberto Oubiña, participou neste encontro internacional como un dos relatorios principais que abordaba os sistemas alternativos de automóbiles nos centros urbanos.

Xunto a activistas e profesionais de ordenación do territorio, "Pontevedra expuxo as actuacións exitosas que teñen posto á cidade como referente mundial", agora enmarcadas dentro da campaña Efecto PO2 que impulsa o Goberno local dende este mandato.

Na quenda de preguntas, Anabel Gulías tivo que responder a cuestións relativas á importancia de manter o contacto veciñal nas tomas de decisións, así como a determinación política de levar a cabo un cambio radical nas cidades, onde vive a maior parte da poboación mundial.

A presenza de Pontevedra en foros internacionais tivo esta semana unha actividade destacada coa participación en distintos eventos celebrados en Andorra, Porto e, finalmente, Bruxelas.