Pontevedra notifica 10 casos activos máis de Covid, Marín sobe en 3 casos e Poio mantense sen cambios

Pontevedra
25 de outubro 2020

Na capital provincial, que se mantén en nivel vermello de alerta, permanecen activos este domingo 25 de outubro 244 casos de Covid. Tamén continúan no máximo nivel Marín, Poio e Vilagarcía

Mapa de alerta sanitaria da Covid-19 o sábado 25 de outubro Servizo Galego de Saúde

O mapa informativo do Servizo Galego de Saúde sobre a pandemia non reflicte grandes cambios no que respecta a a comarca de Pontevedra e á súa área sanitaria.

Pontevedra, Marín, Poio e Vilagarcía de Arousa manteñen o nivel vermello de alerta pola incidencia de novos contaxios nos últimos 7 días.

Pola súa banda Cuntis afronta a súa segunda xornada no nivel laranxa e Cerdedo-Cotobade, Vilanova de Arousa, Cambados, Sanxenxo e Vilaboa atópanse en alerta amarela.

Segundo foron informando os propios municipios, este domingo 25 de outubro a capital provincial mantén 244 casos activos, o que supón un incremento de 10 casos con respecto á xornada anterior e case un centenar na última semana, xa que o pasado domingo a cifra oficial era de 147.

Pola súa banda Marín experimentou un aumento de 3 casos para un total de 40, mentres que Poio rexistra 50 casos activos  menteniéndose sen cambios nos últimos días.

Vilagarcía de Arousa, o outro municipio da comarca con nivel vermello, viu reducidos en 4 os seus casos activos, con 68. 

Vilanova con 27 casos, dous máis, e Sanxenxo con 19 (+1), son outros dos concellos que ofreceron os seus datos ao longo da xornada.