Pontevedra mantén cinco estrelas Michelín

Pontevedra
22 de novembro 2017

A gastronomía pontevedresa logrou manter, un ano máis, as cinco estrelas Michelín que tiñan os seus restaurantes. Así se desvelou no transcurso dunha gala celebrada no hotel Rizt- Carlton de Tenerife

Yayo Daporta, Javier Olleros, Pepe Solla e Xosé Torres, na cociña de Casa Solla Mónica Patxot

A gastronomía pontevedresa logrou manter, un ano máis, as cinco estrelas Michelín que tiñan os seus restaurantes. Así se desvelou no transcurso dunha gala celebrada no hotel Rizt- Carlton de Tenerife.

Así, Pepe Solla (Casa Solla), Pepe Vieira (Camiño da serpe), Yayo Daporta (Yayo Daporta) e Jorge Olleros (Culler de Pau) repiten este distintivo, que condecora anualmente aos mellores restaurantes de España e Portugal.

A quinta estrela foi para o restaurante Maruja Limón de Vigo. En total, Galicia obtivo este galardón once establecementos, os mesmos que o tiñan este ano. Queda fóra, como xa era coñecido, o restaurante Silabario de Tui ao cambiar de proxecto culinario e apostar agora polas tapas

Aínda que o nome do pontevedrés Pepe Solla volveu a estar nas quinielas de moitos para converterse no primeiro galego en lograr dúas estrelas Michelín, finalmente quedou fóra da terna de restaurantes que subiron un banzo máis.

O director internacional da Guía Michelín, Michael Ellis, destacou que a repartición de estrelas demostra que a gastronomía de España e Portugal "continúa nun espléndido momento" e que o nivel culinario de ambos os países "segue crecendo", converténdose xa un atractivo turístico "de peso".