Pontevedra Flúe?: "Quen representa ao Concello é o alcalde", asegura Lores

Pontevedra
06 de febreiro 2024

O próximo 21 de febreiro o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, reunirase coa ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera. A ese encontro en Madrid o rexedor levará un dossier cunha serie de asuntos prioritarios para o goberno local que inclúe o desbloqueo de proxectos pendentes e activar vías de colaboración entre ambas as administracións, pero figuran tamén as propostas deseñadas polo PSOE na chamada estratexia Pontevedra Flúe?  

Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra Mónica Patxot

O próximo 21 de febreiro o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, reunirase coa ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribeira. A ese encontro en Madrid o rexedor levará un dossier cunha serie de asuntos prioritarios para o goberno local que inclúe o desbloqueo de proxectos pendentes e activar vías de colaboración entre ambas as administracións pero, figuran tamén as propostas deseñadas polo PSOE na chamada estratexia Pontevedra Flúe?.

Segundo respondeu o rexedor nacionalista, "nós estamos abertos a todo tipo de colaboración; en todo caso, a ninguén se lle escapa que a relación ten que ser entre o Goberno do Estado e o Concello de Pontevedra e por moito que se diga, quen representa ao Concello de Pontevedra é o alcalde".

Así, Lores lembrou que agora o PSOE está na oposición pero, en todo caso engadiu respecto a os plans de Costas que "estamos abertos a que as actuacións que se poidan facer o municipio, da man do Concello, as poda facer esa propia administración, ou mesmo o goberno municipal con financiamento do Estado, a través de fondos europeos, ou como sexa". 

En todo caso, o alcalde reitera cales son as súas prioridades respecto a esa reunión coa ministra de Transición Ecolóxica, "preocúpanos ter parados proxectos que son importantes para este municipio e para a calidade dos veciños".

MOCIÓN DE CENSURA

Nesta mesma comparecencia Miguel Anxo Fernández Lores volveu a referir á moción de censura sobre a que pende a Alcaldía de Pontevedra e cuxo prazo de presentación vence o próximo día 8 de febrero.

O rexedor dixo que, se presente ou non esa moción de censura, no goberno local "seguimos a traballar para mellorar a calidade de vida dos pontevedreses".

Se finalmente non cristaliza unha moción de censura a Alcaldía publicará un decreto poñendo a exposición pública o documento dos Orzamentos de 2024 para que nun prazo de 15 días hábiles se presenten alegacións. Se fose así se debaterían nun Pleno pola contra, quedarían aprobadas automaticamente e entrarían en vigor as contas municipais.