Pontevedra exhibe o seu talento emprendedor nos premios AJE Galicia

Pontevedra
19 de abril 2024

Tres dos cinco premios entregados na gala da Asocieción de Jóvenes Empresarios de Galicia (AJE), celebrada este juevs no Pazo de Colón de Poio, son proxectos pontevedreses

Gala dos XIII Premios Xoven Empresario de AJE Galicia en Poio David Cabezón / Xunta de Galicia

O Pazo de Colón de Poio foi escenario este xoves da gala do XIII Premio Xoven Empresario e Iniciativa Emprendedora de Galicia da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) Galicia.

Unha xornada na que destacou o talento pontevedrés, receptor de tres dos cinco galardóns da gala.

Galiwonders, que xa fora distinguida a nivel local por AJE Pontevedra, foi o proxecto que levou o Premio Xoven Empresario de Galicia. Trátase dunha axencia de viaxes en liña impulsada desde a capital provincial.

Pola súa banda o segundo gran recoñecemento, o Premio Iniciativa Emprendedora de Galicia, foi para unha proposta con sede en Nigrán, Vanetta Vegan Food.

O talento pontevedrés foi recoñecido tamén nos áccesits, recibindo Wildfire Sentinel o de Innovación e a empresa Sembra Biojoyas o de Responsabilidade Social Empresarial. O terceiro dos áccesit, o de Creación de Emprego, foi para Merlín Software (A Coruña).

A gala de AJE contou coa presenza de diversas personalidades como o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e da Deputación, Luis López, ademais do alcalde de Poio, Ángel Moldes.