Pontevedra establecerá 66 indicadores para medir a eficacia do seu PMUS

Pontevedra
11 de outubro 2022

Ata 66 indicadores diferentes medirán de maneira permanente que os obxectivos recollidos no plan de mobilidade urbana sostible (PMUS) de Pontevedra se cumpren e, por tanto, que este documento non é un "brinde ao sol" para cumprir coa Lei de Transición Ecolóxica

Demetrio Gómez, concelleiro de Mobilidade en Pontevedra Mónica Patxot

Ata 66 indicadores diferentes medirán de maneira permanente que os obxectivos recollidos no plan de mobilidade urbana sostible(PMUS) de Pontevedra se cumpren e, por tanto, que este documento non é un "brinde ao sol" para cumprir coa Lei de Transición Ecolóxica.

Esta normativa obriga ás cidades para adoptar antes de 2023 medidas para reducir o tráfico, propoñendo a implantación dunha taxa por acceder aos centros urbanos ou ben prohibindo a entrada aos vehículos máis contaminantes.

Pontevedra defende unha 'terceira vía', seguir avanzado no seu modelo urbano e implantar en todo o centro e os barrios do Burgo, Estribela e Monte Porreiro unha zona de tráfico reducido.

Para ofrecer "garantías", segundo o edil de Mobilidade, Demetrio Gómez, de que esta solución "serve" e que Pontevedra "avanza na liña marcada por UE e o Estado español", o Concello quere contar con datos concretos que avalen esta estratexia.

Todos estes indicadores estarán relacionados cos obxectivos recollidos no PMUS.

Este documento, que xa foi aprobado mediante un decreto da Alcaldía, será remitido ao pleno da corporación municipal para que se poida debater e ratificar o seu contido.