A provincia de Pontevedra lidera en Galicia a baixada do paro no mes de xullo, segundo os datos facilitados este mércores polo Ministerio de Traballo.
É o sexto mes consecutivo de baixada nos demandantes de emprego rexistrados nas oficinas do SEPE, xa que desde o pasado mes de xaneiro a tendencia mantívose á baixa.
Nesta ocasión Pontevedra pecha o mes de xullo con 741 desempregados menos para un total de 49.168. Esta cifra supón unha caída anual de 4.886 parados, con respecto ao mesmo mes do ano anterior.
A nivel autonómico, Galicia reduciu o paro en xullo en 1.579 persoas, deixando o total da comunidade en 127.445. Ademais rexistráronse o pasado mes 10.898 novos afiliados á Seguridade Social, un 1,02% máis que o mes anterior.