Proba superada. Pontevedra e Vilagarcía viviron este sábado 13 de marzo, desde primeira hora da mañá, a súa primeira xornada de vacinación masiva de covid, coa que a Consellería de Sanidade pretendía probar o dispositivo que se aplicará cando o envío de doses a Galicia sexa de maior envergadura.
Para iso a autoridade sanitaria aproveitou a recepción de 30.000 vacinas de AstraZeneca nos últimos días, convocando a un total de 2.200 persoas da área sanitaria pontevedresa, de entre 50 e 55 anos, para recibir a súa primeira dose.
En concreto 1.700 desas persoas estaban convocadas a acudir ao Recinto Feiral de Pontevedra, e outras 500 a Fexdega en Vilagarcía.
"Falamos de poder recibir 150.000 vacinas a semana ou 180.000 en abril, maio ou xuño, e a verdade é que ter esto engrasado danos tranquilidade de que non vamos a ter ningunha vacina esperando para ser administrada", sinalou respecto diso o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, tras visitar o dispositivo habilitado na capital provincial.
O responsable de Sanidade resaltou as condicións do Recinto Feiral pontevedrés, que permite "o aparcamento que é importante, ter espazos amplos para os 15 minutos de espera sen que se produzan aglomeracións y despois que a sala, neste caso é unha das máis amplas que tempos dispoñibles, favorece que non haxa ningún tipo de concentración".
Neste sentido o xerente da área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Ramón Gómez, especificou que "hoxe temos aquí 10 equipos para vacinas 1.700 persoas, pero poderíamos ter 20 ou 30 equipos, polo que o volume de vacinación pode ser moi intenso". Tanto é así que "agora mesmo estamos administrando ao redor de 3.000 vacinas algunha semana, ou 4.000, en función do que nos suministran, e nós temos un plan con axuda do Concello de Vilagarcía e de Pontevedra para poder administrar ao redor de 25.000 ou incluso 28 ou 30.000 doses semanais", explicou.
Pola súa banda o alcalde de Pontevedra confirmou que, polo menos ata xuño, a instalación do Recinto Feiral estará a disposición plena do Sergas. "Non hai previsión algunha de utilización para outra cousa. Esta pandemia tennos que mobilizar a todos, estamos nunha situación de extrés sanitrio e hai que poñer a disposición das autoridades sanitarias todos os equipamentos posibles", defendeu Miguel Anxo Fernández Lores.
A xornada de vacinación masiva deberá repetirse en 12 semanas para a administración da segunda dose, e mentres tanto Sanidade continuará co plan de vacinación establecido empezando polos maiores de 80 anos, que segundo as súas previsións deberían estar inmunizados no mes de maio.
Segundo os datos trasladados polo Sergas ás 14.00 horas, media hora antes de que concluíse a xornada, foran vacinadas máis do 70% das persoas citadas.