Pontevedra e Marín encabezan a baixada de casos activos de covid-19 nos municipios da área sanitaria

Pontevedra
03 de marzo 2021

Na última xornada rexistráronse aumentos de casos en Poio, Moraña e Cambados, aínda que o seu nivel de incidencia acumulado non se viu afectado. Soutomaior segue sendo o municipio que máis preocupa, seguido de Ponte Caldeas e Vilanova de Arousa que se colocan en índices superiores aos 350 casos por 100.000 habitantes

Xente paseando con máscaras en Pontevedra Cristina Saiz

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa baixando no seu conxunto a cifra de casos activos de coronavirus, aínda que o comportamento é diferentes segundo o municipio.

Así, segundo os concellos que reportaron datos este mércores 3 de marzo, a capital provincial encabeza a baixa de casos en números absolutos, con 18 menos que o día anterior e un total de 153 infeccións activas detectadas. Isto supón que o nivel de incidencia acumulada a 14 días baixa aos 154 casos por cada 100.000 habitantes.

Tamén descende nun número considerable Marín con 64 casos (14 menos), o que lle coloca a piques de baixar a fronteira dos 250 de incidencia (ten 251) que permitirían relaxar as restricións.

Ademais de Marín por riba dese límite mantéñense Vilaboa con 16 casos (tres menos), Vilanova de Arousa (351 de incidencia), Ponte Caldelas con 23 infeccións (unha menos con 397 de incidencia) e sobre todo Soutomaior con 43 casos (seis menos pero cunha incidencia de 552).

Na última xornada destacan as subidas de casos experimentadas en Poio con 37 positivos activos (catro máis), Moraña con 12 (tres máis) e Cambados con 37 (un máis), aínda que sen que se reflicta nos datos acumulados.

En canto ao resto de municipios Vilagarcía conta actualmente con 72 casos activos (cinco menos), Sanxenxo con 37 (dous menos), Cerdedo-Cotobade con 9, Cuntis con 6 (un menos), Meaño con 6 (un menos), Ribadumia con 4 (un menos) e continúan sen cambios Bueu con 10 casos, A Lama e Barro con 5, Campo Lameiro con 3 e Portas con ningún afectado.

A incidencia acumulada a 14 días de cada municipio, a partir dos datos proporcionados polo Servizo Galego de Saúde, pode consultarse no mapa que acompaña a esta información.