Pontevedra despide agosto con 44 persoas desempregadas máis

Pontevedra
04 de setembro 2018

Na provincia de Pontevedra o número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego Estatal (SEPE) aumentou en agosto en 1.045 persoas ata sumar un total de 64.001 desempregados

Un traballador da construción Mónica Patxot

O municipio de Pontevedra despide o mes de agosto con 44 persoas desempregadas máis. Segundo os datos oficiais feitos públicos este martes 4 de setembro na Boa Vila hai 5.419 persoas inscritas nas lista do paro.

Na provincia de Pontevedra o número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego Estatal (SEPE) aumentou en agosto en 1.045 persoas ata sumar un total de 64.001 desempregados.

En Galicia o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en agosto en 1.012 persoas en Galicia respecto ao mes anterior, ata alcanzar a cifra global un total de 164.424 inscritos

Tamén a nivel nacional subiu o paro en 47.047 persoas en relación co mes anterior, co que acaba cunha sucesión de seis meses consecutivos á baixa.

Desta forma, a cifra total de parados rexistrados sitúase en 3.182.068 persoas, segundo informou este martes o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Este incremento do paro en agosto é superior ao rexistrado o ano pasado ese mes (46.400 persoas).

Cos últimos compases do verán, agosto é tradicionalmente un mal mes para o emprego.

 

Arquivado en