O concello de Pontevedra continúa no nivel de alerta extrema ao rexistrar unha incidencia acumulada en 14 días por encima dos 250 casos por 100.000 habitantes. Esta circunstancia podería afectar o levantamento de restricións anunciado para o vindeiro luns polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
A cidade do Lérez continúa a un bo ritmo de desescalada, este sábado o número de casos activos é de 243, isto é 30 menos que onte venres, pero deberá acelerar o ritmo se quere rebaixar pronto a súa incidencia acumulada a dúas semanas e saír do nivel extremo.
Máis pronunciado é a melloría de Poio que hoxe deixa atrás 30 casos, o que deixa o total o 84 deixando atrás a Marín que contabiliza 124 casos, oito menos que onte venres. No caso de Sanxenxo o recorte é de 9 casos menos, o que deixa o todal de contaxiados en 68 persoas.
Doutra banda, en cambio ás subidas, esta xornada non hai saltos reseñables máis aló de pequenas variacións como as de Vilaboa.
Non hai cambios en A Illa de Arousa con 16 casos: A Lama, con 9; Barro, con 15 e Meaño, con 28.
Baixan os casos activos en Bueu: 27 (-2); Cambados: 52 (-3); Cuntis: 21 (-1); Meis: 25 (-3); Moraña: 16 (-2); Portas: 5 (-1); Ponte Caldelas: 33 (-1); Ribadumia: 10 (-1); Soutomaior: 55 (-12); Vilagarcía: 105 (-10) e Vilanova: 41 (-6).
A área sanitaria de Pontevedra conta cunha porcentaxe de positividade superior ao 11,3%, ao anotar onte 52 novos positivos.
A incidencia acumulada a 14 días de cada municipio, a partir dos datos proporcionados polo Servizo Galego de Saúde, pode consultarse no mapa que acompaña a esta información.