Pontevedra concéntrase este mércores para lembrar a Sonia Iglesias, aos seis anos da súa desaparición

Pontevedra
21 de agosto 2016

A concentración comezará ás 21.30 horas na praza da Ferrería coa intención de que non se esqueza este caso, que foi arquivado en abril de 2015

Manifestación en recordo de Sonia Iglesias polo quinto aniversario da súa desaparición Mónica Patxot

Un ano máis, familiares, amigos, veciños e cidadáns de Pontevedra volverán acudir ata a praza da Ferrería para lembrar a Sonia Iglesias. O 18 de agosto cumpríase o sexto aniversario da desaparición da muller pontevedresa que aquel día en 2010 non acudiu á tenda na que traballaba na rúa Benito Corbal.

Desde entón pouco avanzouse na investigación deste caso ante a desesperación da familia. En abril de 2015, arquivábase a causa, de forma provisional, por falta de probas e a imputación de Julio Araújo, a ex parella de Sonia Iglesias, quedou en nada. A familia continúa sen ter novidades sobre o caso.

Ante esta situación este mércores 24 ás 21.30 horas na praza da Ferrería, os veciños de Pontevedra están chamados a unha nova concentración co obxectivo de que este caso non quede no esquecemento e se siga investigando.

Arquivado en