A xornada de sábado estivo marcada na Boa Vila polas actividades lúdicas da PMUS Party.
A xornada festiva, deseñada para dar a coñecer o novo Plan de Movilidad Urbana Sostible (PMUS), contaba con propostas para todas as idades e en diferentes espazos público da cidade.
Con base principal na Praza da Peregrina comezaron os actos desde ben cedo, ás 11.00 horas, cun roteiro a pé, pero os pontevedreses tamén puideron participar en roteiros en bicicleta, paseos 'sobre rodas' en patinete, patíns ou skate, roteiros circulares en autobús ou con pelotas xigantes.
Toda unha celebración do modelo urbano "para todos" e para dar a coñecelo non só aos adultos, senón aos máis novos da casa a través de xogos e actividades no espazo público.