Pontevedra baixa dos 600 de incidencia acumulada por primeira vez en dúas semanas

Pontevedra
10 de febreiro 2021

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés mantén, do mesmo xeito que onte, aos municipios de Poio e Soutomaior cunha incidencia por encima de 1.000. Iso si, ambos presentan unha clara tendencia á baixa. Teñen 267 (quince menos) e 139 casos activos (oito menos) respectivamente

Xente paseando con máscaras en Pontevedra Cristina Saiz

Ata 25 casos activos menos por covid-19 ten a cidade de Pontevedra. Os contaxiados son, a día 10 de febreiro, un total de 535. A incidencia acumulada a 14 días caeu por baixo dos 600 casos por cada 100.000 habitantes por primeira vez desde hai dúas semanas.

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés mantén, do mesmo xeito que onte, aos municipios de Poio e Soutomaior cunha incidencia por encima de 1.000. Iso si, ambos presentan unha clara tendencia á baixa. Teñen 267 (quince menos) e 139 casos activos (oito menos) respectivamente.

Séguenlles, por orde de incidencia da covid-19, Sanxenxo, con 167 casos activos (un máis); Moraña, con 35 (tres menos); e Ponte Caldelas, con 44 (tres menos).

O descenso xeneralizado dos contaxios esténdese pola práctica totalidade da área sanitaria como demostran os datos de casos activos dos municipios que teñen unha incidencia superior aos 500 casos por cada 100.000 habitantes.

Así, logran reducir o número de infectados Vilaboa, Ribadumia, con 34 (dous menos); Caldas de Reis, Meis, A Lama, con 18 (un menos); Portas, con 14 (tres menos); e Cuntis, con 27 (un menos).

Só rompe esta tendencia Meaño, onde hai un contaxiado máis que onte. Son 38 en total. O mesmo ocorre en Barro, que crece ata os 20 casos (un máis).

Marín, con 122 (cinco menos); A Illa de Arousa, con 23 (tres menos); O Grove, Cerdedo-Cotobade, Cambados; con 63 (dous menos); e Vilanova de Arousa, con 40 (dous menos); tamén teñen menos contaxiados dos que había o martes.

Non hai cambios, pola súa banda, en Vilagarcía de Arousa, onde hai 181 casos activos; nin en Campo Lameiro, que ten nove dos seus veciños con covid-19.

Bueu, que ten 26 contaxiados (dous menos), mantense como o único municipio da área sanitaria cunha incidencia acumulada inferior aos 250 casos por cada 100.000 habitantes.

A incidencia acumulada a 14 días de cada municipio, a partir dos datos proporcionados polo Servizo Galego de Saúde, pódese consultar no mapa que acompaña a esta información.