A Concellaría de Benestar Social Municipal vén de activar a protocolo de frío ante a importante baixada de temperaturas destes días e até novo aviso.
Ante esta previsión, todas as entidades que participan neste protocolo fixeron acopio de prendas de abrigo (roupa interior masculina e lubas, preferentemente) pero tamén de vasos térmicos para que as persoas que pasen a noite na rúa poidan tomar algo quente.
Tamén se activou a alerta nos albergues da cidade, o que xestiona Cáritas en Monte Porreiro e o de San Vicente de Paúl, Calor e Café. No caso de que estivesen ao completo están avisados os hostais colaboradores con este tipo de emerxencias, ademais da Policía Local e de Protección Civil que estarán na rúa, preferentemente nas zonas coñecidas polos servizos municipais como zonas de 'aloxamento' destas persoas.
O local de Cáritas Interparroquial conta con vinte camas, mentras que o albergue de Calor e Café ten doce.