Pontevedra, a contracorrente: a cidade reduce en decembro o seu desemprego en 51 persoas

Pontevedra
05 de xaneiro 2016
Actualizado: 15:46

Pola súa banda, o número de desempregados situouse en 90.962 na provincia, isto é, un 1,64% máis que un mes antes. A pesar deste crecemento mensual, as estatísticas de decembro de 2015 deixan 9.466 desempregados menos que no mesmo mes de 2014, o que significa que o paro descendeu nun 9,43 por cento na provincia nun ano

Traballadora nunha oficina Mónica Patxot

A diferenza da tendencia que se rexistrou en Galicia este mes de decembro, a cidade de Pontevedra logrou reducir o seu número de desempregados no últimos trinta días. Segundo os datos que publicou este martes a Consellería de Economía, Emprego e Industria, un total de 51 pontevedreses abandonaron as listas do paro. Así, ao 31 de decembro Pontevedra conta con 7.316 persoas sen traballo, un 0,69% menos que en novembro.

En termos interanuais, o descenso é máis pronunciado. 2014 pechaba con 8.125 desempregados. É dicir, un 9,95% máis que este mes de decembro.

Do mesmo xeito que Pontevedra, tamén outros concellos da comarca mostraron unha tendencia positiva neste último mes de 2015. Así, en Poio tamén se reduciron os demandantes de emprego en 21 persoas; mentres que en Bueu foron cinco os veciños que atoparon traballo. No resto, creceu o paro. Especialmente no Grove ou Cambados con 152 e 97 desempregados máis que hai un mes.

  Decembro 2015  Novembro 2015     Variación   
Pontevedra7.3167.367-51
Barro39237517
Bueu1.0161.021-5
Caldas de Reis1.0601.00753
Cambados1.4761.37997
Campo Lameiro1901864
Cotobade3863779
Cuntis46544619
O Grove1.2111.059152
A Illa de Arousa36935316
A Lama24723611
Marín2.2162.20412
Meaño54853711
Meis51549619
Moraña48846325
Poio1.4441.465-21
Ponte Caldelas65063416
Portas31228527
Ribadumia49145932
Sanxenxo1.5701.54921
Vilaboa55152526
Vilagarcía de Arousa4.2384.16771
Vilanova de Arousa1.01496054

 

DATOS PROVINCIAIS

Pontevedra desmarcouse o pasado mes de decembro da tónica xeral a nivel estatal en canto aos datos de persoas desempregadas. En España o número de rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego diminuíu en 55.790 persoas, pero na provincia pontevedresa subiu en 1.466. 

Segundo os datos difundidos polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, o desemprego reduciuse en 38 provincias, pero Pontevedra e A Coruña romperon con esa tendencia. Estes datos pontevedreses e coruñeses contribuíron a que Galicia pechase o ano cun mes negativo en canto aos datos de emprego, pois na comunidade  o número de desempregados aumentou en 3.650 persoas con respecto ao mes de novembro.

No caso da provincia pontevedresa, o número de desempregados situouse, ao termo do ano 2015, en 90.962, isto é, un 1,64% máis que un mes antes

A pesar deste crecemento mensual, o número de parados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego de Pontevedra é inferior a un ano antes. As estatísticas de decembro de 2015 deixan 9.466 desempregados menos que no mesmo mes de 2014, o que significa que nos últimos 12 meses o paro descendeu nun 9,43 por cento na provincia. 

Por tipo de actividade, os servizos seguen sendo o sector con maior número de desempregados, 58.021 ao 31 de decembro de 2015. Séguenlle a industria, con 11.889; e a construción, con 10.041. Dos 90.962 desempregados na provincia, 3.975 son demandantes de emprego en sector da agricultura e 7.036 non teñen emprego anterior. 

Arquivado en