Ponteandadas programa unha visita ao Parque Etnoarqueolóxico das Cabanas Prehistóricas de Salcedo

Pontevedra
20 de xuño 2022

Será durante a última fin de semana de xuño cun percorrido polas parroquias de Lourizán e Salcedo. A camiñada está prevista para o domingo 26, con saída ás 10.00 horas desde o Complexo Deportivo Rías do Sur, en Ponte Muíños. A dificultade do itinerario de nivel medio e a duración estimada sitúase en tres horas

Parque Etnoarqueolóxico das Cabanas Prehistóricas de Outeiro das Mouras, en Salcedo PontevedraViva

Unha nova actividade está prevista para esta próxima fin de semana dentro doprograma Ponteandadas, que promove a Concellería de Deportes e o Naturgaliza Club, dentro o proxecto A Vida é Movernos.

A proposta desenvolverase polas parroquias de Lourizán e Salcedo cunha visita ao Parque Etnoarqueolóxico das Cabanas Prehistóricas de Outeiro das Mouras, na parroquia pontevedresa de Salcedo. A camiñada desenvolverase ao longo do domingo 26 de xuño. 

A saída está prevista para as 10.00 horas partindo desde as instalacións do Complexo Deportivo Rías do Sur, en Ponte Muíños. O itinerario ofrece unha dificultade de nivel medio e a duración estimada sitúase en tres horas.

Para inscribirse é necesario enviar unha mensaxe cos datos persoais ao correo electrónico: ponteandadas@gmail.com ou chamando ao teléfono 625.428.636. As persoas interesadas deberán dar o seu nome completo; número de DNI; data de nacemento; dirección dun correo electrónico; e teléfono de contacto. A inscrición gratuíta tamén pode realizarse de maneira presencial na tenda Naturcamiña, situada no número 3 das Galerías Peregrina. 

O prazo para presentar as solicitudes finaliza ás 00.00 horas do mércores 22 de xuño.