O programa municipal Ponteandadas, impulsado pola Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde dentro da iniciativa A Vida é Movernos, pechou este domingo a súa edición 2021 con gran sabor de boca, ao bater a súa marca de asistencia este ano a unha das súas actividades.
En concreto foron 191 as persoas que apuntaron ao roteiro planificado polo parque forestal da Tomba.
Tratouse dun roteiro circular con saída en San Pedro en Campañó para gozar dos petróglifos e o recuperado bosque autóctono da zona, pasando por varios miradoiros para contemplar a ría.
A deste domingo era a quinta saída de Ponteandadas tras os roteiros Bora-Mourente (19 de setembro), Salcedo-Cabana (10 de outubro), A Fracha (24 de outubro) e Pontillón do Castro (7 de novembro).