Ponte Sampaio vai celebrar a inauguración do seu parque remodelado da man de Rivel Animación. Esta festa levarase a cabo este vindeiro sábado 4 de febreiro ás 17:00 horas, no propio parque ubicado na área da Xunqueira, e o Concello de Pontevedra convida a todos os escolares a este acto.
A reforma realizada baseouse nunha ampliación do espazo do terreo, que se compón dunha superficie interior de 145 metros cuadrados e unha superficie exterior de 80 m2, sumando unha totalidade de 225 m2. Ademais, realizouse un cambio do solo de caucho e a ampliación da nova área.
Nesta reforma instalaron un valado de madeira de 60 metros de lonxitude e de un metro de altura e retirarán todos os elementos de xogo, que se substituiron polos seguintes: un barco, un carrusel xiratorio, un minitobogán, un xogo de resorte de dúas pezas e un bambán dobre.
Esta reforma que foi realizada polo Concello de Pontevedra tivo un orzamento de 48.350,49 euros.