Ponte Caldelas sabe a troita

Ponte Caldelas
26 de maio 2024

Milleiros de persoas volveron darse cita este domingo na Alameda da vila para celebrar o evento gastronómico da Festa da Troita de Ponte Caldelas

Festa da Troita 2024 Concello de Ponte Caldelas

Milleiros de persoas volveron darse cita este domingo na Alameda da vila para celebrar o evento gastronómico da Festa da Troita de Ponte Caldelas.

Ao acto asistían o delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera; o vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez; o presidente de Verdeseixo, Lino Mariño; o presidente da Federación Provincial de Caza, Paco Couselo; e concelleiros de Ponte Caldelas, encabezados polo alcalde Andrés Díaz.

Durante a mañá actuaba a Banda Artística de Arcade a, ao longo da tarde, Troita Folk con Cantanascroas e Madialeva.

Ademais, entregáronse os premios do disputado Concurso Internacional de Pesca na Festa da Troita coas seguintes persoas gañadoras nas distintas categorías:

 Senior
 Luis Esperón Pérez (Verdeseixo)
 José Rabuñal Camiña (Londra)
 José María Blanco (Padrón)

 Troita máis grande (29 centímetros)
 José Manuel Dieguez (ADN Ribadavia)

 Sociedades
 Sociedade de Caza e Pesca Verdeseixo
 Club Landra
 Club de Caza e Pesca Padrón

 Veteranos
 Raúl Baliño. Río Ulla
 Óscar Custodio. Verdeseixo
 Alfonso Mariño. Gepsa

 Feminino
 Nieves Iglesias Carrera. ADN Ribadavia
 Nieves Salgueiro Martínez. Verdeseixo

 Xuvenil
 Lucas Pérez. Soutomaior

 Infantil
 Iria Moledo. Verdeseixo
 Mía Peleteiro. Carballedo
 Leo Castro. Carballedo