Poio instalará unha carpa no exterior de Anafáns para a campaña de vacinación da gripe

Poio
09 de outubro 2020

O obxectivo do Concello é evitar aglomeracións no interior do centro de saúde e facilitar un espazo que protexa aos pacientes das inclemencias meteorolóxicas

Centro de Saúde Anafáns Mónica Patxot

A campaña de vacinación contra a gripe comezará en Poio o 13 de outubro e o Concello habilitará nas inmediacións do centro de saúde de Anafáns unha cuberta para desenvolver esta campaña. A infraestrutura permanecerá operativa desde o venres 16 e seguirá así durante as primeiras semanas da campaña.

Esta actuación está impulsada pola Comisión de Emerxencia Covid-19 e a concelleira de Seguridade Cidadá, Marga Caldas, explica que "é unha medida que tomamos por petición do propio centro, dado que no exterior non hai onde salvagardarse das inclemencias meteorolóxicas e non podemos aglutinar xente dentro das instalacións".

Neste sentido, Caldas fai fincapé na importancia de recibir este tratamento no contexto actual. Ademais o Concello estuda fórmulas para facilitar o desprazamento ao centro de saúde para aquelas persoas máis vulnerables que carezan de medios para poder completar o desprazamento.