Poio despide o Galo Fodorico e encara a recta final do seu entroido

Poio
07 de marzo 2020

A popular figura foi pasto das chamas este sábado na Praza do Mosteiro dando entrada á última semana de celebración do entroido máis longo da comarca

Enterro do Galo Fodorico en Poio Diego Torrado

O entroido máis longo da comarca, o de Poio, non chegou aínda ao seu fin pero si se aproxima despois de despedir este sábado o Galo Fodorico.

A popular figura, disfrazada de albanel para lembrar a necesidade de construír un novo centro de saúde no municipio, foi pasto das chamas na Praza  do Mosteiro seguindo a testemuña do enterro do Berberecho de Lourido celebrado o venres.

A comitiva fúnebre, integrada entre outros polas comparsas de Os Canecos, As Sonecas, Os 100Tolos e Os da Caña e polo Grupo Samieira, partiu ás 20:30 horas das inmediacións da antiga escola unitaria do Sartal.

Tras o Galo Fodorico Poio entra na recta final do seu entroido, que aínda reserva citas destacadas como o Enterro do Galo Bruxo de Samieira do próximo sábado 14 de marzo e o Concurso de Comparsas e Grupos de Fantasía de Campelo previsto para o domingo día 15.

Arquivado en