A plataforma Loita pide a ampliación da Unidade de Atención Temperá até os 14 anos

Sanxenxo
26 de febreiro 2025

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Marín, escoitou as súas demandas e expuxo a posibilidade de artellar unha liña de axudas económicas a nivel municipal para esas familias que o necesiten

Reunión de Telmo Martín e Paz Lago con membros da Plataforma Loita
Reunión de Telmo Martín e Paz Lago con membros da Plataforma Loita Concello de Sanxenxo

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e a concelleira de Servizos Sociais, Paz Lago, recibiron este martes a integrantes da plataforma Loita que demandan a ampliación da Unidade de Atención Temperá durante toda a etapa pediátrica, é dicir, até os 14 anos.

"E ben sabido por todos que a plasticidade cerebral só sucede nos primeiros anos de vida e as terapias dos nenos e nenas van contra reloxo. A nosa obriga é garantir as terapias apropiadas para que sexan autónomos na súa etapa de adultos e moitas familias polo custe non poden facelo", expuxo Tamara Campos.

O alcalde escoitou as súas demandas e expuxo a posibilidade de articular unha liña de axudas económicas a nivel municipal para esas familias que o necesiten.

Telmo Martín explicou que en Sanxenxo existe unha Unidade de Atención Temperá, financiada pola Xunta, "e unha Asociación como Neen@s que fan unha gran labor".

"Nós estaríamos dispostos a colaborar para que ningún neno ou nena quede sen unha terapia que o necesite no noso municipio", dixo o alcalde.

A concelleira de Servizos Sociais apuntou tamén que está pendente da firma dun convenio coa Asociación Neen@ para apoiar o labor que realiza o colectivo con menores con necesidades específicas e que, na actualidade, atende a unha media de sesenta familias.

Ademais, nas próximas semanas o Concello porá en marcha nos distintos centros escolares o programa 'Exploramentes', que ten como obxectivo "educar, sensibilizar e fomentar a comprensión da diversidade cerebral entre os escolares".

A iniciativa nace das conversas coa asociación Neen@

A Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar do Salnés Sur (UDIAF), situada na parroquia de Vilalonga, prestou asesoramento e orientación a 110 familias e apoio ao desenvolvemento de nenos e nenas de 0 a 6 anos durante o primeiro ano en funcionamento.

Visita ao Concello de Sanxenxo do alumnado con necesidades especiais do colexio Abrente
Visita ao Concello de Sanxenxo do alumnado con necesidades especiais do colexio Abrente