Pizza mariñeira con bonito do norte Pescamar

Pontevedra
09 de novembro 2019

Nesta nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" imos aproveitar todas as calidades do bonito do norte, o peixe máis cotizado dentro da familia dos túnidos e rico en graxas saudables indicadas para reducir os niveis de colesterol malo

Pizza mariñeira Pixabay

Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar . Nesta ocasión, imos cociñar unha pizza que mestura a mellor tradición da cociña mediterránea cos produtos da dieta atlántica, como é o caso do Bonito do Norte.

O Bonito do Norte Pescamar é un peixe azul rico en graxa saudable, xa que contén unha gran cantidade de ácidos graxos poliinsaturados, indicados para reducir os niveis de "colesterol malo". A esta calidade, hai que engadir os efectos beneficiosos para a saúde cardiovascular da súa presentación en aceite de oliva.

Para preparar unha deliciosa Pizza mariñeira con Bonito do Norte Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:

- 1 base de masa de pizza grande

- 1 lata de Bonito do Norte en aceite de oliva Pescamar

- 400 g. de tomates

- 150 g. de queixo mozarella especial para pizza

- 200 g. de gambas

- 100 g. de olivas negras

- 100 g. de alcaparras

- 1 cebola mediana

- pirixel

- pementa negra

- aceite e sal

- eiruga

Preparación:

Prequentamos o forno a unha temperatura de 220ºC. Mentres tanto, fritimos a cebola picada miúda e os tomates pelados ata que se evapore o líquido. Unha vez fritidos, déixanse arrefriar.

Escurrimos e esmigallamos o Bonito do Norte en aceite de oliva Pescamar.

A base de pizza colócase sobre a placa de forno untada con aceite, deixando un pouco máis elevado o bordo exterior da masa. Picamos varias veces cun garfo por encima e distribuímos o sofrito de cebola e tomate que tiñamos reservado e por enriba o queixo. A continuación, colocamos as gambas, o Bonito do Norte, as alcaparras e as olivas.

Esparexemos por riba unha cullerada de pirixel picado, un chisco de pementa e sal, e regamos cun pouco de aceite.

Introducimos a pizza en forno medio e servimos cando estea no seu punto, decorada con follas de euriga por riba.

En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.