PGE 2021 | Lores ve "recollidos" os compromisos "amarrados" polo BNG e Domínguez considéraos "desilusionantes"

Pontevedra
29 de outubro 2020
Actualizado: 14:03

Os líderes locais difiren nas súas valoracións dos orzamentos xerais do Estado para 2021, presentados onte polo Goberno. O alcalde Fernández Lores celebra que se recollan algúns compromisos e critica os atrasos que acumulan outros; o PSOE local considera que son os mellores para Pontevedra nos últimos 7 anos e desde o PP consideran que son "desilusionantes"

Presentación dos orzamentos xerais do Estado para 2021 Congreso de los Diputados

Os orzamentos xerais do Estado para 2021 son vistos con bos ollos polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que considera que neles están "recollidos" os compromisos "amarrados" polo BNG no acordo de investidura de Pedro Sánchez.

Fernández Lores, nun almorzo informativo no que acompañou á líder do BNG, Ana Pontón, sinalou que "alegrámonos do compromiso coa AP-9", eses 55 millóns de euros que, entre outras cousas, permitirá implantar bonificacións para rebaixar as peaxes. 

"É a rebaixa máis importante da historia", defendeu Pontón, que entende que "un só deputado do BNG defendou máis os intereses dos galegos que Feijóo en once anos". Dixo que este debe ser "o primeiro paso" para facer gratis toda a autoestrada e transferila a Galicia. 

Desde o ámbito máis local, o alcalde tamén mostrou a súa satisfacción polo inicio de 2021 das obras de remodelación do Nó de Bombeiros, nas que se investirán preto de 10 millóns no próximos tres anos; pero lamentou os atrasos da A-57.

O primeiro tramo Vilaboa-A Ermida estará terminado a finais de 2022 pero, segundo Fernández Lores, estes orzamentos demostran que os outros dous tramos que quedan "van para longo".

Con respecto ao Arquivo Histórico Provincial no antigo edificio de Facenda, o alcalde explicou que "valoro que se rehabilite" pero mostrou as súas dúbidas de que o proxecto sexa "factible" ante a complexidade de que un inmoble destas características acolla un arquivo.

En todo caso, criticou que o Goberno non consultase co goberno municipal os plans para este edificio e denunciou que a Xunta de Galicia, a través dunha carta remitida polo conselleiro de Cultura, queira aproveitarse deste proxecto "sen poñer nin un duro".

O PP CONSIDERA QUE OS PGE SON " DESILUSIONANTES"

Desde o Partido Popular, con todo, consideran que as partidas para Pontevedra nestes orzamentos xerais do Estado son "desilusionantes". Segundo Rafa Domínguez, "non hai proxectos novos no horizonte" e tan só se inclúen "demandas históricas".

"Pontevedra non é unha prioridade para o Goberno central", lamentou o líder dos populares, que lamenta a "patente falta de liderado" do alcalde.

Considera, entre outras cuestións, que se perdeu a "oportunidade histórica" de lograr a gratuidade do tramo entre Pontevedra e Curro da AP-9, igual que se eliminaron as peaxes entre Vigo e Redondela.

Orzamentos xerais do Estado para Pontevedra? Sen querer parecer triunfalista son boas noticias para Pontevedra, son orzamentos que pensan nas necesidades das poboacións, nas persoas e neste caso, en Pontevedra. Ten un reflexo importante como non tivo nos últimos sete anos. Dificlmente van ser discutidos pola oposición política de Pontevedra. Dá resposta coa rebaixa na autopista, tema crucial. Ter o AVE en Galicia que nos queiramos desprazar. Finalización do paseo peonil a Marín. Nudo de bombeiros vai saír adiante cun goberno socialista. Edificio senlleiro como a antiga delegación de Hacienda para arquivo provincial. 

Podemos sentirnos orgullosos. Todos quereríamos máis pero a situación é a que é e a presenza de Pontevedra nos orzamentos refórzase. Aposta do goberno do Estado polas persoas. Hai que sumar partidas vinculadas a cuestións sociais, ingreso mínimo vital que van favorecer aos cidadáns de Pontevedra, incremento de becas... que sen ser directamente para Pontevedra si que van beneficiar á cidadanía. E estes orzamentos farán un pouquiño mellor a Pontevedra.

"ORGULLOSOS", NO PSOE LOCAL

Tino Fernández, portavoz local do Partido Socialista afirma que estes orzamentos supoñen "boas noticias" para  Pontvedra. Entende que teñen en conta as necesidades da poboación, nas persoas e, neste caso, de Pontevedra. Segundo sinala o tenente de alcalde no Concello de Pontevedra, o municipio ten un reflexo importante neste documento a diferenza do que sucedeu no últimos sete anos. E cre que dificilmente poden ser criticados pola oposición de Pontevedra. 

Entre outros temas, Tino Fernández destaca a resposta á demanda cidadá coa rebaixa na autoestrada; a chegada do AVE a Galicia; a finalización do paseo peonil a Marín; o nó de bombeiros ou o traslado do arquivo provincial ao edificio da antiga delegación de Facenda no convento de San Francisco.

"Podemos sentirnos orgullosos", afirma o representante socialista ao indicar que a posición de Pontevedra refórzase. Ademais, engade que hai outras medidas xerais que beneficiarán á cidadanía deste  Concello como o incremento de partidas en cuestións sociais.